Unha iniciativa de Eroski implica aos clientes na doazón ás entidades benéficas Aspadisi e Arume

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os supermercados Eroski do Carballiño veñen de comezar unha campaña solidaria encamiñada á promoción de doazóns económicas á entidades sen ánimo de lucro da vila, no marco de iniciativas levadas a cabo con anterioridade por esta cadea de centros comerciais. Concretamente, os clientes das sucursais ubicadas nas rúas Evaristo Vaamonde e Calvo Sotelo do Carballiño terán a opción de elexir durante a presente semana entre as asociación Aspadisi e Arume como destinatarios das doazóns, mediante unhas papeletas que poderán depositar nunhas furnas instaladas a tal efecto. A presentación desta promoción tivo lugar hoxe no supermercado Eroski da rúa Calvo Sotelo, coa presenza da xefa de tenda, Marta Sotelo, que estivo acompañado por Manuel Amil e Beatriz Míguez, en representación respectiva dos colectivos Aspadisi e Arume.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O obxectivo final é que nestes centros de Eroski a clientela poida decidir maioritariamente a cál entidade irán destinadas as doazóns no futuro, unha vez o vindeiro luns se faga o reconto. A partir dese escrutinio, os usuarios do supermercado que fagan uso do pago con tarxeta poden aportar unha pequena cantidade ao colectivo que resulte gañador durante un periodo determinado de tempo. Con posterioridade, os responsables de Eroski abrirán outra quenda alternativa na que será a outra asociación a beneficiaria das aportacións económicas.

A asociación Aspadisi foi creada no século pasado polos familiares de persoas con discapacidade intelectual no ámbito da comarca do Carballiño, cobertura que foi ampliada con posterioridade á comarca do Ribeiro. Na actualidade, xestionan un centro ocupacional e un centro residencial no que traballan e se aloxan unha trintena de persoas. Por outra banda, Arume é unha protectora de animais que desempeña a súa laboura de axuda á recollida de cans e gatos e de promover campañas para que a cidadanía acolla e adopte nos seus fogares a estes animais.