O carballiés Álvaro García Sobrado foi o gañador do Campionato Galego de Billar Pool, celebrado este domingo no pavillón de Rodeiro, en Cangas. Dende o concello do Carballiño felicitárono por este logro.

No recinto instaláronse 32 mesas de billar e os gañadores repartíronse 15.000 euros en metálico nas nove modalidades que se disputaron.