BNG de Castrelo de Miño: Nota de Prensa

O BNG de Castrelo de Miño amósase impresionado polas habilidades do principal representante da oposición do PP no municipio, para facerse cargo e implantar os augurios de Núñez Feijoo, nos que no día de onte prevía unha campaña con “sentido do humor”.

  • “Sentido do humor” é o que hai que ter cando se ve que a Conselleira de
    Política Social fai unha visita a unha das instalacións municipais o día 26
    de febreiro ás 21:00 hs, acompañada por dous concelleiros da oposición
    sen ter notificación algunha o Alcalde (“sentido do humor” moito,
    educación e respecto pola veciñanza hai menos).
  • Hai que procurarlle o “sentido do humor” ao feito de que o Alcalde de
    Castrelo de Miño, Esteban Suárez, ten enviado precisamente á
    Conselleira de Política Social, Fabiola García, unha solicitude de
    audiencia no mes de febreiro, da cal aínda non ten contestación algunha.
  • Fíxense se o BNG ten “sentido do humor”, que tamén lle atopa o lado
    divertido ás ínfulas de alcaldía (en minúscula) de Avelino Pazos, aínda
    que lle ten que lembrar, que afortunadamente para a veciñanza de
    Castrelo, non é o Alcalde.
  • O que si é o Alcalde de Castrelo de Miño, Esteban Suárez, e que tamén
    ten moito “sentido do humor”, lembra ao PP de Galicia que en periodo
    preelectoral non se debe facer uso das instalacións municipais cun
    obxecto claramente partidista.
  • Por último, Esteban Suárez resalta o convite ao municipio a Fabiola
    García, para que, a horas adecuadas, e recibida e acompañada pola
    actual corporación municipal, pode visitar TODAS as instalacións
    municipais que xa están a funcionar con éxito desde hai anos, co goberno