Ribadavia reabre a hostalaría ata as 17:00 horas pero mantén a mobilidade reducida

O Comité Clínico de expertos que fai seguimento á evolución da Covid-19 en Galicia reuniuse durante a tarde de onte. Esta mañá, o presidente da Xunta compareceu para trasladar as decisións tomadas. Alberto Núñez Feijóo pide prudencia na ponte desta fin de semana e anuncia o peche da mobilidade con Portugal.

Publicidade

Entre elas tamén está, está o levantamento das restrición especiais de nivel 3 en Santiago de Compostela e varios concellos colindantes e en Ourense, Barbadás e Pereiro de Aguiar.

Deste xeito, estas zonas pasan agora ó nivel dous de alerta, polo que se permite a reunión de ata seis persoas non conviventes, apertura dos establecementos hostaleiros e permítese a libre mobilidade.

Xinzo e Ribadavia terán que esperar para saír do nivel máximo de restricións. Segundo o novo mapa de desescalada, ambos aparecen no nivel medio-alto de restricións. Os dous municipios ourensáns quédanse sos no nivel 3, pero contarán con algunha medida de desescalada. Así, dende a medianoite do venres, permítese a interacción entre persoas non conviventes en grupos de 4; abre a hostalaría de xeito gradual ata as 17:00 horas e cun 30% de aforo interior e 50% de aforo exterior. A mobilidade continúa prohibida.