O Irixo homenaxeará mañá a Nizam Iglesias polos resultados no campionato de batería

Mañá sábado, ás 18:00 horas, o concello do Irixo fará unha homenaxe a Nizam Iglesias, polo éxito acadado no recente certame musical no que participou.

Con tan só 7 anos, Nizam Iglesias ven de acadar a posición de finalista no campionato mundial Drum-Off Global.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para elo presentou un solo de 4 minutos, que é analizado por bateristas de élite (Tomas Haake, Chris Coleman, Anika Nilles, e Carter Mclean) que o posicionaron entre os 5 mellores da súa categoría.

O baterista, presentouse por segundo ano consecutivo a esta prestixiosa competición mundial de bateristas por categorías. Os xuíces emitiron algúns comentarios amosando a súa sorpresa e asegurando estar impresionados polo xeito de tocar dun neno tan novo.


VIDEO SPOT O IRIXO en BADAL TV