Volve a divulgación científica a 400 escolares ourensáns coa UNED

Volve a Ourense a festa da ciencia coas aulas de divulgación da UNED, esta vez, a catro centros educativos: Colexio Gillelme Brown, Colexio Miraflores, CEIP Virxe de Covadonga e o IES 12 de Outubro. Os talleres divulgativos celebraranse os días 27 e 28 de outubro en horario matinal. Os dous talleres son, un de electromagnetismo, que se desarollará no Guillelme Brown, Virxe de Covadonga e o IES 12 de Outubro; e o de ADN, que levará a cabo en todos os centros menos no Virxe de Covadonga, porque non ten Secundaria. Esta programación conta co apoio do Vicerreitorado de Investigación, Transferencia do Coñecemento e Divulgación Científica da UNED.
O xoves, 27 de outubro, un equipo de dúas biólogas e dous físicos da Facultade de Ciencias da UNED, estarán, desde primeira hora ata as 13.00 horas realizando dous talleres de ADN para 67 escolares e catro sesións de electromagnetismo, dous delas tamén para outros 50 estudantes. Esa mesma mañá, o equipo de biólogas desprazarase tamén o Miraflores para levar a cabo dous talleres de ADN ata a hora do xantar. Aquí beneficiaranse 77 alumnos de Secundaria.
O venres, día 28 de outubro, os talleres de divulgación comezarán no IES 12 de Outubro, onde desde primeira hora haberá catro sesións de ADN e dous de electromagnetismo. As primeiras faranse para 152 alumnos e as dúas últimas, para 99. Ás 12:00 horas desenvolverán un taller de electromagnetismo para os escolares do CEIP Virxe de Covadonga, para 40 escolares de Primaria. En total, algo máis de 400 escolares beneficiaranse desta iniciativa científica que volve a Ourense coa UNED.
Este é o xogo de once experimentos de electromagnetismo que patentou a UNED para os escolares. O 27 e 28 desenvolveranse ao grande nos colexios.

Nesta ocasión súmase tamén o IES 12 de Outubro, da capital ourensá. O seu equipo directivo considera de interese esta presenza de científicos da UNED que van realizar os experimentos.
O taller de electromagnetismo celebrouse, de momento, o curso pasado no Colexio Miraflores. Consiste en 11 experimentos que se lles mostran e comentan aos alumnos para que entendan como funcionan os imáns e para que se utilizan. Estes experimentos integran tamén a caixa ou xogo denominado Kit 2.0 de Faraday, deseñado e ideado pola UNED.
O taller de ADN titúlase Descobre as biomoléculas como un auténtico CSI. Aquí extraerase o ADN do tecido epitelial humano, a partir de saliva humana. Este proxecto de divulgación científica está dirixido a alumnos de primeiro ata terceiro de Secundaria. Nel, os estudantes coñecerán mediante unha breve presentación os catro tipos de moléculas biolóxicas que existen e farán unha extracción do ADN a partir da súa propia saliva ou a partir de tecido vexetal (chícharos).

AVANTAR ACTIVIDADES