09,00 h.- O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informará en rolda de prensa dos asuntos tratados no comité clínico. Asistirán tamén a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e o xerente do Sergas, José Flores. No salón de actos. Poderase seguir na ligazón https://us02web.zoom.us/j/87111017796 e a través dos teléfonos 917 873 431; 843 685 025; 917 870 058 (código da reunión: 871 1101 7796). foto xoán crespo 29/12/2020

O pasado venres entraban en vigor as limitacións máis duras impostas pola Xunta de Galicia dende o inicio da pandemia: peche permitral de 63 concellos, fin da actividade hostaleira ás 18:00 horas e toque de queda ás 22:00 horas. Aínda sen tempo para valorar o efecto da súa posta en marcha, Sanidade ten hoxe sobre a mesa os peores datos dende marzo: cinco días por riba do milleiro de casos diarios, unha positividade en PCR que dobra o establecido pola OMS e más de 13.000 casos activos. Algunhas das medidas que soan son o peche completo da hostalaría ou o adianto do toque de queda ás 18:00 horas.

Os expertos que asesoran a Sanidade estudan dende a media tarde de hoxe se é necesario implementar de xeito inmediato novas medidas ou se aínda hai marxe para o efecto das postas en marcha.  O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, espera que se poida evitar un peche total da hostalaría, aínda que asegura que se os datos o avalan, haberá que asumilo. Ademais amosouse partidario de adiantar o toque de queda, aínda que confía en evitar un illamento social completo.