O concello do Carballiño recibía esta semana o protocolo da Xunta de Galicia para a celebración do Entroido. A partir dese momento, puxéronse de novo en contacto cas comparsas da contorna, ca finalidade de saber a súa opinión. A próxima semana terá lugar unha reunión, para decidir que se fará con respecto ó tradicional desfile.
Segundo o concelleiro de Cultura, as comparsas transmitíronlle preocupación pola situación sanitaria e amósanse reticentes, por iso se terá en conta a próxima reunión.
Dende o concello apostan por facer unha celebración unificada o domingo de cachucha, sumado ó desfile de comparsas, aínda que, como xa dixemos, esperan a manter a reunión co sector para a decisión definitiva.