Sanidade permite a mobilidade os días de Noiteboa e Nadal por causa familiar

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, da unha rolda de prensa para informar dos asuntos tratados no comité clínico de Sanidade. Tamén asistirá o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias. FOTOS CONCHI PAZ
Publicidade ASPADISI

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou esta mañá das decisión tomadas polo comité clínico na tarde de onte. García Comesaña destacou que entre as 00:00 horas de mañá mércores e as 23:00 horas do día 25, pemritirase a mobilidade de persoas con motivo de visitas familiares, incluso nos concellos pechados perimetralmente.

Ademais, o toque de que na xornada de Noiteboa ampliarase ata as 01:30 horas da madrugada en lugar das 23:00 horas. As reunión recomendase que se fagan ca unidade familiar, sen límite de persoas. Como excepcionalidade permítese ata un máximo de dúas unidades familiares, co límite de 10 persoas. No caso de superar esas unidades non se debe superar o máximo de seis persoas e catro nenos menores de 10 anos. O día 28 o comité volverá a reunirse, con posibilidade de modificalas de cara ó final do ano.

HIPER MASIDE