Presentación do LVIII Campionato de España Absoluto de Atletismo en Pista Cuberta

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Novamente a Pista Cuberta de Ourense será sede dunha nova edición correspondente ao Campionato de España Absoluto de Atletismo que xuntará ás principais figuras nacionais e internacionais do noso deporte na instalación ourensá os vindeiros días 25, 26 e 27 de febreiro.

A presentación oficial deste campionato tivo lugar esta mañá en Expourense cun acto no que tomaron parte organizadores e representantes das distintas administracións que colaboran con esta proba: Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Ourense e Concello de Ourense. Participaron neste acto o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o presidente da Real Federación de Atletismo de España, Raúl Chapado e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos. O acto estivo presentado polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, que exerceu de anfitrión.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Trátase do segundo campionato de España ABSOLUTO que acollen as instalacións de Expourense, que foron cualificadas polos propios atletas como “pista milagre”, unha pista rápida que foi o escenario de varios récords de España, e do Mundo, en distintas categorías. Pista que, agora, está máis preto de todo. Trátase do primeiro campionato nacional absoluto coa conexión de Alta Velocidade. Estamos a 2 horas e 15 minutos de Madrid, o que facilitará sen dúbida o desprazamento de atletas e afeccionados.

Un dos retos de Expourense é potenciar a actividade deportiva das súas instalacións para sacarlle o máximo rendemento e contribuír a reforzar a presenza de Galicia no mapa deportivo nacional. Hai tan só dúas semanas que, tras un proceso de selección, incorporouse un director técnico deportivo ao persoal de Expourense e ao que neste acto se lle deu oficialmente a benvida.  Trátase de Mario González, coñecido pola súa ampla traxectoria na xestión deportiva en Galicia.


Prevése que más de 4.000 persoas, entre deportistas, técnicos, xuíces, axudantes, voluntarios e público en xeral, pasen durante os tres días por Expourense, que dende fai xa varias datas, traballa intensamente a nivel organizativo xunto a Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello de Ourense, así a nivel federativo tanto coa Real Federación Española de Atletismo como coa Federación Galega de Atletismo, para garantir un perfecto campionato que convertirá a cidade das Burgas no epicentro de atención mediática e informativa nacional e internacional a fináis deste mesmo mes.

Experiencia e calidade contrastada

A experiencia acumulada na instalación atlética con apenas cinco anos desde a súa inauguración, está sumamente contrastada. Desde aquel pasado decembro de 2017 onde o Presidente da Xunta inauguraba o recinto abríndo así o século XXI ao atletismo galego, celebráronse máis dun cento de probas oficiais. Das mesmas, máis de cincuenta corresponderon a Campionatos de Galicia e un total de catro foron probas de rango nacional entre as que destacan o Campionato de España Sub20 no ano 2018, o Campionato de España Máster no 2019 e 2021 e o Campionato de España Absoluto do ano 2020 que xunto a este 2022, corresponden ao rango máis importante dos celebrados ata o momento.

En todos e cada un deles, o Comité Organizador contaría con importantes eloxios pola súa capacidade de traballo, xestión e organización que se ve reforzada este ano, ca maior capacidade de comunicación e achegamento ao resto dos puntos do Estado, grazas a esa importantísima conexión do AVE inaugurada recentemente.

O nivel de expectación é tal, que as entradas prácticamente quedaron esgotadas ás poucas horas de sair á venda o que pon de manifesto ás excelencias dunha instalación quen ven da man dunha cidade volcada que ademáis, conta con importantes ofertas lúdicas, gastronómicas e deportivas. A todo elo súmaselle unha afección entregada e entendida co seu deporte que convirten a Ourense nun punto privilexiado do atletismo nacional e mesmo importante candidata a acoller eventos de rango internacional.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------