Templo da Veracruz: 75 Aniversario da morte de Antonio Palacios

O CONCELLO DESENVOLVERÁ ESTE ANO UN PROGRAMA DE ACTIVIDADES ENCOL DO TEMPLO DA VERACRUZ PARA LEMBRAR O 75 ANIVERSARIO DA MORTE DE ANTONIO PALACIOS

En outubro deste ano 2020 cumprirase o 75 aniversario da morte de Antonio Palacios, autor do proxecto arquitectónico do templo da Veracruz, e con tal motivo o concello desenvolverá unha serie de actividades sobre este monumento e emblema do Carballiño, que culminarán coa colocación dun busto do arquitecto porriñés no entorno do templo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre as actividades a desenvolver, figuran diversos concertos, conferencias, a edición dun folleto divulgativo, visitas guiadas, a convocatoria dun concurso fotográfico, a mellora da iluminación exterior do templo e a colocación dun busto de Antonio Palacios.

De feito, o concello enmarca como preámbulo desta programación o concerto da Escolanía de Segovia, que se celebrará na apertura do Festival Internacional de Música “Pórtico do Paraíso”, o día 6 de marzo ás 20,30 h.

A este concerto lle seguirán outros que protagonizarán as corais do Carballiño en datas posteriores.

Así mesmo, terán lugar unha serie de conferencias sobre o templo da Veracruz e Antonio Palacios, editarase un folleto divulgativo e programaranse unha serie de visitas guiadas. Tamén está previsto establecer un sistema de información a través dun código QR con audiosignoguía, cuxo obxectivo é facilitar a accesibilidad á información relativa ao templo ás persoas xordas ou con outro tipo de discapacidade.

Ademais convocarase un concurso fotográfico sobre os distintos aspectos arquitectónicos do templo.

Con respecto á mellora do sistema de iluminación exterior, o concello estudia neste momento diversas posibilidades de financiamento para acometer este proxecto, que está xa en estudio, e que se levará a cabo neste mesmo ano.

Finalmente, como colofón do programa, está previsto encargar a un obradoiro de escultura un busto do arquitecto Antonio Palacios, que será ubicado nun lugar do entorno exterior do templo no mes de outubro, coincidindo co 85 aniversario da súa morte.

O párroco promotor da construcción do templo, don Evaristo Vaamonde da Cortiña, conta cunha escultura de bronce no exterior e un busto no interior dende hai tempo, pero non existe ningún monumento que lembre ao arquitecto que o deseñou, polo que se considera que é unha iniciativa que ven a saldar unha débeda que ten O Carballiño con Antonio Palacios. 

Para ultimar este programa, o concello contará coa colaboración das entidades culturais carballiñesas, así como da parroquia, co obxectivo de dar o maior realce posible aos actos que se programen.