O Estado non ve irregularidades nas axudas da deputación pola crise do COVID-19

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou hoxe, en relación á nota feita pública pola Subdelegación do Goberno en Ourense na que comunica o arquivo das actuacións relacionadas coas subvencións outorgadas pola Deputación a autónomos e Pemes pola crise económica do COVID-19, que “seguimos esixindo o cesamento do subdelegado do Goberno en Ourense polo uso partidista dunha institución do Estado como a Subdelegación”, e expresa que con esta resolución “Villarino perde e Ourense gaña”.

Baltar lembra que Rodríguez Villarino “non votou a favor das devanditas axudas”, e felicita aos autónomos e Pemes de Ourense porque as teses e os argumentos da Deputación para levar a cabo esas axudas, tan necesarias nun momento tan crítico como o da pandemia, foron absolutamente legais”.

AVANTAR ACTIVIDADES