Protección Civil de Boborás suma 182 intervencións e 800 horas de traballo

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Boborás realizou 182 intervencións, o que supón 800 horas adicadas á veciñanza de Boborás. Nestes momentos son 17, as persoas dadas de alta na agrupación, dende que se creou no verán do ano 2018, no que iniciaron esta andadura 13 persoas.

Foron vitais na pandemia provocada polo COVID-19 facendo desinfeccións de vías e espazos públicos. compra e reparto a domicilio de alimentos para veciños, compra e reparto a domicilio de medicamentos, reparto de Alimentos do Excendente comunitario en apoio ós Servizos Sociais, reparto de máscaras faciais ou felicitación dos máis pequenos nos cumpreanos celebrados na cuarentena. Ademáis, tamén fan labores de recollida de animais abandoados, asistencia en accidentes, retirada de árbores nas estradas e apoio en actividades deportivas e culturais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o concellos agradeceron o traballo desinteresado feito, prestando o seu tempo libre en prol da veciñanza de Boborás.