Arrancan os obradoiros, organizados pola Asociación de artesáns, Limiar no Museo da Limia

Un de cestaría e outro de Peza en tear rectangular serán os primeiros en impartirse.

A Asociación de artesáns da Limia, LIMIAR, comeza a impartición de cursos e obradoiros, nas instalacións do Museo da Limia (Vilar de Santos) o vindeiro mes de abril.

AVANTAR ACTIVIDADES

O curso de cestaría, impartido polo artesán Sergio Moreno Solana, desenvolverase todos os sábados de abril, en horario de tarde, de 16:00 a 18:00 horas e terá un custo de 30 euros, no que se incluirán os materiais necesarios para o desenvolvemento da actividade.

No mesmo horario, de 16:00 a 18:00 horas, dende o luns 11 ao 13 e o sábado 16 de abril impartirase o curso para cativos, denominado Peza en tear rectangular. A cota será de 20 euros para os asistentes empadroados en Vilar de Santos e 25 euros para o resto. Este curso será impartido pola costureira, Mercedes Veitez Pérez.

Durante a Semana Santa, tanto para visitas como para adquirir os produtos elaborados polos artesáns, o Museo abrirá tódalas tardes, dende o luns día 11 ao 15 de abril, de 16:00 a 18:00 horas, e os días 16 e 17 (sábado e domingo) manterase o horario habitual, de 11:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas.

As persoas interesadas deberán inscribirse, chamando ao teléfono 617844097.

[A citada asociación, integrada no Museo da Limia (Vilar de Santos), que comezou a súa andaina a comezos do pasado decembro para crear, producir, investigar e estudar bens artesanais, velando pola difusión, conservación, innovación, defensa e promoción da artesanía galega, está conformada por dez artesáns que desenvolven a actividade nos eidos da cestaría, olaría, instrumentos musicais, pantalla, costura, filigrana e prataría]