Cumpreanos centenario para Alfonso, rodeado da súa familia

O neto de Alfonso quixo facerlle unha sorpresa especial ó seu avó con motivo do seu 100 cumpreanos, que celebraron onte no restaurante A Fuchela. Unha data tan especial tiña que ser vivida por todo o alto. Por iso, a súa familia organizou esta festa, con boa comida e tamén algunhas sorpresas. O seu neto, José Alfonso, fixo neste caso de presentador e intentou sonsacarlle algunha anécdota e o segredo de estar tan bo mozo cun século ás costas.

O seu fillo tamén nos falou nesta festa, asegurando que Alfonso foi o mellor pai e que el tamén espera chegar a cumprir un século, recordando anécdotas vividas co seu proxenitor. E como manda a tradición, ó soprar estas velas co número 100, un número especial, Alfonso pediu tres desexos para a xente nova. E tamén un desexo para el, xa que asegura que non precisa pedir máis que saúde.

AVANTAR ACTIVIDADES