Paco Rodríguez reuniuse coa ministra de transportes e axenda urbana, Raquel Sánchez, para abordar a integración ferroviaria no barrio de a Ponte

“Saímos moi satisfeitos do encontro e agradecemos que escoitara as nosas propostas sobre unha integración ferroviaria en Ourense que dea resposta ás necesidades urbanísticas que temos”, afirmou o candidato á alcaldía

“A receptividade pola súa parte permítenos manter a ilusión”, engadiu e agradeceu a aposta pola cidade que supón a inversión de 130 millóns de euros aprobada polo Goberno de Pedro Sánchez

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 19 de maio de 2023. O aspirante á alcaldía de Ourense polo PSdeG-PSOE, Paco Rodríguez, reuniuse coa ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, para abordar a integración ferroviaria da cidade e conseguir así que sexa beneficiosa e respectuosa co barrio de A Ponte e os ourensáns e ourensás.

“Saímos moi satisfeitos do encontro e agradecemos que escoitara as nosas propostas sobre unha integración ferroviaria en Ourense que dea resposta ás necesidades urbanísticas que temos. A receptividade pola súa parte permítenos manter a ilusión” sinalou o candidato socialista.

Neste senso, trasladoulle á máxima responsable da carteira a posibilidade de traballar interinstitucionalmente entre as distintas administracións para que a nova estación sexa o nodo ferroviario do noroeste de España. Tamén afirmou que espera que a cidade poida recuperar o seu orgullo con proxectos como este e agradeceu a millonaria inversión á que o Goberno central deu luz esta semana.