Comunicado do PSdeG DE Punxín

O PSdeG DE PUNXÍN VÉN DE SOLICITAR A ADOPCIÓN DE MEDIDAS QUE GARANTAN A SEGURIDADE DA POBOACIÓN ANTE A PROPAGACIÓN DO COVID-19

Publicidade

O Grupo Socialista solicita a limpeza e desinfección de todos os pobos do municipio, poñendo especial atención en lugares como o Centro de Saúde e a farmacia.

As concelleiras socialistas veñen de presentar unha serie de iniciativas para garantir a seguridade da veciñanza de Punxín, así como para paliar os efectos económicos que esta crise poida ter nos negocios do concello que se viron obrigados a pechar.
Entre as medidas solicitadas polas socialistas, atópanse a solicitude de labores de desinfección e limpeza en todos os pobos do Concello, poñendo especial atención nos lugares máis concurridos, como o entorno do Centro de Saúde e da farmacia.
Ademais, piden garantir o subministro de material de protección a todo o persoal municipal, especialmente ás traballadoras do servizo de axuda no fogar, así como a suspensión temporal do cobro de impostos e tasas a todos os negocios do municipio que viron afectada a súa actividade durante este periodo.
A voceira socialista, Lorena Peleteiro, agarda que dende o Concello se teñan en conta estas medidas e recorda que “é o momento de traballar unidos e non podemos deixar a ninguén atrás”, “estamos nun momento difícil para todos e todas, e dende o Partido Socialista queremos mandar todo o noso apoio á veciñanza de Punxín, que sen dúbida, desta sairemos máis unidos”.
Un saúdo e moito ánimo.