Vilardevós, 9 de novembro de 2024.
O presidente da Deputación, Luis Menor, realizou unha visita ao concello de Vilardevós, onde comprobou o resultado das obras realizadas neste municipio grazas ao financiamento da institución provincial.
Acompañado pola alcaldesa, Eva Pérez, e membros da corporación, Luis Menor revisou a rehabilitación do firme na estrada que une as poboacións de Terroso e Soutocobo, proxecto no que a Deputación achegou 48.000 euros. Tamén tivo ocasión de comprobar a reposición dun muro de contención en Terroso e a instalación de elementos de protección en Soutocobo.
O presidente provincial destacou a realización destas obras grazas á colaboración mediante o Plan CooperOU, que xunto a outras achegas xa comprometidas para outras actuacións fará que o Concello de Vilardevós reciba ata final de mandato ao redor de 1,1 millón de euros.