A Xunta saca a licitación da reforma do centro de saúde de Ribadavia

A Xunta de Galicia vén de licitar a obra de reforma do centro de saúde de Ribadavia. Unha obra froito do compromiso adquirido co presidente da Xunta de Galicia na reunión que mantivo no pasado mes de setembro de 2020 co anterior alcalde, César Fernández. Hoxe, o que se converteu no voceiro da oposición, remite a súa gratitude ca administración por manter o compromiso.  

O pasado 19 de febreiro de 2021, o conselleiro de Sanidade visitaba Ribadavia para presentar o Proxecto de actuación, hoxe iníciase o procedemento de licitación de xeito que a reforma do centro de saúde xa é unha realidade. Contará cun investimento final de case 700.000€.

AVANTAR ACTIVIDADES