Celanova pide o apoio do Carballiño e O Ribeiro para gañar o concurso “Juntos brillamos más” de Ferrero Rocher

Tan só quedan uns días para coñecer ao pobo gañador do concurso “Juntos brillamos más”, que celebra Ferrero Rocher por levar 10 anos achegando o Nadal aos pobos. Nesta ocasión tócanos de preto, pois un dos dous finalistas é Celanova. Varias localidades españolas enviaron a súa candidatura para converterse no “pobo máis bonito de España” que comparte valores con Ferrero Rocher. Coa vila ourensá compite La Alberca, un pobo de Salamanca.

A candidatura pódese votar a través da páxina web de Ferrero Rocher, “Juntos brillamos más”. Esta iniciouse o pasado 2 de decembro, e durará ata o domingo día 10 de decembro. Ademais, entre todos os votantes, sortearanse 10 exclusivas pirámides de 96 ferrero rocher para celebrar o Nadal.

AVANTAR ACTIVIDADES

VOTAR NO SEGUINTE ENLACE

https://www.ferrerorocher.com/es/es/xp/pueblos/index.html