O Concello de Maside busca voluntarios para crear un grupo de Protección Civil

José Manuel Iglesias Araujo, alcalde de Maside
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO


No Vindeiro Pleno Municipal o concello proporá a Creación do Grupo de Protección Civil de Maside  Por ese motivo, a entidade local fai un chamamento ós veciños de Maside ou persoas interesadas en adicar o seu tempo libre de forma solidaria e altruista a prestar un servicio á sociedade e ó concello. As persoas que estén interesadas en formar parte da nova agrupación de voluntarios poden dirixirse ó alcalde no seguinte número de teléfono :608 24 22 09 ou poden presentar unha solicitude no Concello. Posteriormente, técnicos da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior pasarán por Maside para explicar as vantaxes do voluntariado de Protección Civil así como os trámites que hai que levar a cabo para constituir a nova agrupación. Os voluntarios poderán formarse en emerxencias mediante cursos homologados e gratuitos, xa sexa na Academia Galega de Seguridade Pública, en A Estrada, ou no propio Concello de Maside. O Concello de Maside impulsa esta agrupación á vista das actividades que se desenrolan ó longo do ano e que requieren do apoio de voluntarios. Entre outras, está a andaina e carreira popular, o duatlón, o desfile do Entroido, a Festa do Chuletón de Garabás ou a Festa do Cabalo, ademáis de ser necesarios como apoio durante temporais e demáis emerxencias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO