O equipo de Club Deportivo Arenteiro recibiu a visita de máis de 150 nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo do Carballiño no seu adestramento na Uceira. A través desta iniciativa os máis pequenos compartiron un momento único cos xogadores e o equipo técnico. Puideron ver como traballaban de cara ao partido contra o C.D. Lugo, conversar e levarse varias sinaturas dos verdes para casa. “Ha sido una experiencia muy enriquecedora. Los niños han animado al equipo durante el entrenamiento y al acabar hemos podido estar con ellos, ver más de cerca su ilusión y transmitirles los valores del club. Todos estaban fascinados y al final eso te llega como entrenador, como jugador y como equipo” sinala o adestrador do C.D. Arenteiro, Raúl Jardiel.
O capitán do equipo, Diego García, tamén salientou positivamente esta acción. “Foi algo moi bonito porque chegaron todos os rapaces e empezaron a animarnos. Comezamos a escoitar Arenteiro, Arenteiro, Sodes os mellores. Fainos moita ilusión e que os rapaces estén con nós”. Hoxe, outro grupo de rapaces do mesmo centro visitará de novo a Uceira para acompañar ao C.D. Arenteiro no seu adestramento. Así, dende o club foméntanse valores como o esforzo, o compañeirismo e a dedicación entre os máis pequenos, que poden ver todo o traballo que existe detrás dun partido e especialmente, dunha vitoria.