Ribeiro en Común reclama nos Orzamentos da Deputación a Cooperación coa crise da seca en Ribadavia.

Ribeiro en Común pide que a Deputación axude na crise da auga e coas medidas excepcionais adoptadas en Ribadavia para facer fronte á seca do mes de agosto 2022.

Ribeiro en Común ven de presentar unha Moción para que o Pleno Municipal solicite que a Deputación inclúa nos Orzamentos provinciais unha liña de axudas para facer fronte ás consecuencias da seca en Ribadavia e noutros concellos da provincia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Abordar esta crise supuxo unha importante mobilización de recursos por parte do Concello, quen en moi pouco marxe de tempo tivo que intentar abordar unha situación de crise.

Tras superar esta grave crise , é tempo de abordar os gastos ocasionados e comezar a traballar na mellora das nosas infraestruturas hídricas, para o cal as administración que tamén teñen competencias na materia, ademais do Concello, deben sumar forzas en favor de Ribadavia.

Unha desas administración é a Deputación, que ven de aprobar inicialmente os seus Orzamentos 2023, que se atopan en fase de alegacións, e neste sentido desde Ribeiro en Común solicitase que colabore co Concello de Ribadavia, e con todos os concellos afectados na provincia, nas medidas excepcionais adoptadas para facer fronte á seca do mes de agosto 2022.

Esta crise da auga non se limita só a Ribadavia, senón que vemos como cada vez máis concellos da provincia e de Galicia veñen sumándose ao listado de concellos con problemas de auga, tamén na propia comarca do Ribeiro, como por exemplo Castrelo de Miño.

Diante desta situación cada vez máis xeneralizada todas as administracións, Xunta, Estado e Deputación deben sumar recursos e dotar de mecanismos para abordar a crise da auga e as súas consecuencias.

Abordar esta crise supuxo unha importante mobilización de recursos por parte do Concello, quen en moi pouco marxe de tempo tivo que intentar abordar unha situación de crise.

Importante recordar que non só a rede municipal de Ribadavia tivo problemas, tamén a maioría de redes veciñais tiveron problemas de cortes de auga neste verán, destacando o caso de Camporredondo e sobre todo dos núcleos A Groba- As Chabolas.

Por este motivo, desde Ribeiro en Común facemos a seguinte PROPOSTA DE ACORDO para que o PLENO MUNICIPAL DE RIBADAVIA solicite á Deputación a inclusión nos seus Orzamentos 2023 unha partida de Axudas para o Concello de Ribadavia e todos os concellos da provincia que teñen que facer fronte as consecuencias da seca deste ano 2022, para colaborar en gastos tales como o transporte de auga, obras necesarias para subministrar auga, ou semellantes. Ou, de non ser posible a inclusión no Orzamento 2023, se realice a través dunha modificación orzamentaria no actual Orzamento 2022 da Deputación, se esta opción se adapta mellor ao proceso de aprobación orzamentario.

Así mesmo, solicitamos que a Deputación inclúa nos seus Orzamentos 2023 unha partida suficiente para colaborar na realización do proxecto de Abastecemento e Saneamento núcleos A Groba- As Chabolas, en Ribadavia, así como unha subvención nominativa coa Asociación Veciñal de Camporredondo, titular da rede de auga.