A Insua dos Poetas acollerá música e cine este setembro

O auditorio da Insua dos Poetas acollerá este mes de setembro diversas actividades que inclúen proxeccións ó aire libre e música. Nestas instalacións establécense medidas de seguridade como distanciamento e aforo limitado, así como o uso obrigatorio da mascarilla.

Publicidade

Para o mércores día 9 de setembro está confirmada a proxección do filme ” A última viaxe do afiador” e as curtas “Sons no camiño” e “O andar da pedra”. As proxeccións serán a partir das 21:00 horas.

Ademáis, para a semana de actividades culturais que suplirán á programación habitual das Festas do San Cibrao, o día 16, víspera de festivo local, haberá un concerto do grupo Luar na Lubre, a partir das 19:00 horas.