O Auditorio Manuel María de O Carballiño acollerá o sábado 3 de outubro, ás 20:30 horas, a 43ª edición do Festival Galaico Portugués de Polifonía e Canto Coral. A presentación ante os medios contou coas intervencións de José Antonio Barge, presidente da Coral Polifónica do Casino do Carballiño; Diego Fernández , concelleiro de Cultura; e Jaime González Pichel, director da coral.
A rolda de prensa comezou cunha interpretación musical a cargo de Paz, á frauta travesera, e Luís, ao piano, que interpretaron a peza A pause for thought, creada na época da pandemia. Diego felicitou á coral e ao seu director por manter un festival que cumpre máis de 40 anos e destacou a frescura, calidade e emoción dunha cita que conta coa lealdade do público. Animou á veciñanza a asistir e a desfrutar da música.

Pola súa banda, Jaime González Pichal agradeceu o traballo de todos os implicados e subliñou que o festival é un caso único en España. Segundo explicou, o segredo da Coral do Casino é a valentía de mirarse a si mesma, traballar con humildade e ilusión e fuxir da arrogancia. Nesta edición haberá unha colaboración co quinteto de metais Dolmem Brass, integrado por xente nova dos conservatorios de Santiago e Lalín, e participarán tamén o Orfeón de Voces Graves de Arousa e a coral portuguesa Coro de Santa Casa da Misericordia de Lamego ( Portugal )



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
José Antonio Barge recordou que a coral foi fundada en 1979 e que o festival naceu en 1983, celebrándose de forma ininterrompida desde entón cun grupo portugués. Pediu aos veciños e veciñas que acudan o sábado 3 de outubro ás 20:30 horas ao Auditorio Manuel María e agradeceu a colaboración de veciños, empresas, o Casino, o Concello do Carballiño e a Deputación de Ourense, así como aos medios de comunicación.

















