O centro Alvetus de Avión recibe apoio económico para ampliar 12 prazas o seu servizo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense acordou na reunión desta semana dotar cunha achega económica de 200.000 euros, no apartado de cooperación cos concellos, para a obra de ampliación da residencia de maiores do concello de Avión.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O obxectivo desta mellora é a creación de 12 novas prazas para novos residentes, dada a demanda actual existente. O centro Alvetus conta con 32 prazas, que están ocupadas na súa totalidade e xa hai lista de espera.

Nesta liña de cooperación tamén se entregarán 125.000 euros para o edificio sociocultural “Chamoso Lamas” en Boborás.