Espazo Común urxe a convocatoria dunha xunta de voceiros para garantir o futuro da Escola de Fútbol

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O grupo municipal de Espazo Común solicita unha convocatoria urxente da xunta de voceiros da Concello do Carballiño para tratar sobre a posible desaparición da Escola de Fútbol que ata hai tres anos era municipal e agora xestiona o Club Deportivo Arenteiro, debido a grave crise administrativa e económica que atravesa a entidade con sede en Espiñedo.

“Apenas pasaron 24 horas dende que PP e PSOE rexeitaron en pleno a proposta de Espazo Común para garantir a continuidade da escola de fútbol cando se soubo que Club Deportivo Arenteiro ten prohibido inscribir a xogadores en tódalas súas categorías”, apuntan dende o grupo da oposición, unha medida tomada pola RFEF en virtude das “millonarias débedas que se arrastran da etapa de Argimiro Marnotes na presidencia” e que afecta a nenos e nenas do Carballiño que desexen xogar a fútbol esta tempada.

“Independentemente do que aconteza co primeiro equipo ao que desexamos a mellor das sortes, o Concello ten (xa tiña que telo feito) que garantir que as categorías da base non van pagar as consecuencias da xestión anterior. Ante as últimas novas, Espazo Común pide unha xunta de voceiros urxente para tentar reconducir a situación e que a posibilidade de adestrar e competir para eses centos de rapaces que só queren disfrutar do deporte non siga en perigo”, conclúen.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------