Imaxes da procesión do ano 2019.

Dende a organización mostraron o seu pesar por comezar o mes de setembro, mes que afirman que para os veciños e visitantes está asociado con estas festas. Pero aseguran que por precaución este non pode ser un ano normal.

A organización asegura que son decisións doadas de tomar dadas as circunstancias, xa que recalcan que teñen moi claro que a prioridade é a saúde e o benestar de todos, e que non poden nin deben asumir ningún tipo de risco que poña en xogo a saúde de veciños e visitantes.

Aínda que a decisión sexa fácil, aseguran que non celebrar as festas non é o que lles gustaría, por iso vendo a evolución da situación, plantexan que dalgún xeito farán que a Saleta non pase desapercibida, ben presencialmente, ben virtualmente.