O Carballiño e comarca esta a “DIETA” de PULPO

IES CHAMOSO LAMAS

O CARBALLIÑO, O LUGAR ONDE SE COME O MELLOR PULPO Á FEIRA DO MUNDO ESTÁ A “DIETA” DESTE CEFALÓPODO COAS SÚAS PULPEIRAS CONFINADAS

As pulpeiras e pulpeiros desta comarca ven con preocupación a viavilidade do seu modo de vida con este parón tan longo da actividade, a pesar de que o plan de desescalada do goberno lles fai ver algo a luz ao final do camino. A actividade alimentaria, ao considerarse lóxicamente esencial, non parou en ningún momento dende que se decretou o estado de alarma, pero as pulpeiras sí que tiveron que parar de ofrecernos o prato estrela desta vila. Os ingresos son cero pero os gaston seguen pasando pola conta do banco.

HIPER MASIDE

Por iso, remitiron un escrito á subdelegación para solicitar, como sí que poden facer os restaurantes, preparar encargas que puideran recoller os seus clientes. A resposta foi contundente, terían que ocupar a vía pública e non está permitido aínda este tipo de actividade. Os pulpeiros síntense esquecidos e en nun limbo.

Agardan que co plan de desconfinamento poidan sair a traballar coa apertura das terrazas dos bares e restaurantes a partir do día 11 de maio, como dixo onte Pedro Sánchez, se todo vai ben.

Escasea o pulpo na dieta e non vemos o momento de poder volver a desfrutalo.

VIDEO