O Comité negociador e de seguimento do II Plan de Igualdade da Deputación renova os seus membros e actualiza as súas actividades

O Comité negociador e de seguimento do II Plan de Igualdade da Deputación vén de renovar os seus membros (acorde ao presente mandato provincial) e actualizar as súas actividades. Así, a presidencia do mesmo recae na deputada de Igualdade, Teresa Barge, que incide na importancia de afondar na formación e motivación neste ámbito desde as etapas educativas máis temperás. 

Na reunión celebrada esta mañá, ademáis de aprobar a última acta do pasado mandato, tamén se actualizaron os membros que compoñen este comité de seguimento. No tocante ás propostas programadas para conmemorar o 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, destaca como gran novidade o primeiro concurso provincial, promovido desde a Deputación e dirixido a todos os centros educativos da provincia, en todas as etapas educativas. As bases e convocatoria foron aprobadas o pasado día 23 en Xunta de Goberno e serán publicadas de inmediato no BOP. 

AVANTAR ACTIVIDADES

O comité de seguimento acordou tamén actualizar o seu cronograma previsto de actividades do II Plan de Igualdade, que recentemente foi finalista nos prestixiosos e internacionais premios Napolitan Awards.