OzocoGz traslada a celebración do Día de Rosalía para o Centro Sociocomunitario pola choiva

Este venres, día 23 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía de Castro. A tenda OzocoGz organiza varias actividades, tradicionalmente na rúa pero a causa da choiva trasladaranas ao Centro Sociocomunitario, ás 18:30 horas. Haberá unha lectura de manifesto a cargo de Angélica e Chus; alborada de Rosalía de Alexandre Graña; lectura da obra da autora, música en vivo e unha cunquiña de Caldo de Gloria para todos os que se acheguen.

Ademais disto teñen tamén unha sorpresa para todos os que merquen un libro ata o 3 de marzo. Por cada compra na que se inclúa, cando menos un libro en galego darán de agasallo un exemplar desta escolma rosaliana titulada ‘Celebrarmos Rosalía’, realizada por Anxo Angueira e editada por Casa de Rosalía e Edición Xistral. Tamén será válido para compras realizadas na tenda online.

AVANTAR ACTIVIDADES