Máis de 37.000 clientes de toda Galicia descargaron xa o Bono Activa Comercio nas primeiras horas

Máis de 112.000 clientes de toda Galicia descargaron xa o Bono Activa Comercio nas primeiras 24 horas, mentres que o número de comercios adheridos superou os 4.500.

A Xunta de Galicia destina 5 M€ coa previsión de chegar a mobilizar 17M€ en compras no comercio de proximidade de toda Galicia. Cada consumidor pode obter un bono de 30 euros que terá a oportunidade de utilizar ata o 31 de decembro nos negocios adheridos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os bonos, en formato de código QR, poden descargarse a través do móbil na web bonosactivacomercio.gal, onde tamén poden sumarse ata o 30 de novembro novos establecementos comerciais. No caso dos clientes, hoxe é o primeiro día no que se poden descargar e utilizar os bonos, mentres que os negocios puideron anotarse ao programa desde o pasado 13 de outubro.

Un dos obxectivos desta iniciativa é incentivar as compras no comercio de proximidade, atraendo clientela aos establecementos locais. Ao mesmo tempo, contribúese a aliviar o impacto da inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos. A principal novidade deste ano é a ampliación de tramos de desconto e os importes. Así, o desconto é de 5 euros para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras desde 30 euros e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra.