Luis Menor anuncia a apertura do Museo Galego do Entroido e un próximo convenio entre Deputación, Xunta e Concello de Xinzo de Limia para garantir o acceso durante todo o ano

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente provincial trasladou a súa confianza nunha solución definitiva para un museo “que ben merece o Entroido, como parte da nosa identidade e tradición”, así como Xinzo de Limia por se tratar dunha festa declarada de interese turístico internacional.

A apertura inicial das instalacións prolongarase ata xuño

Ourense, 31 de xaneiro de 2026.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, anunciou que o Museo Galego do do Entroido, situado en Xinzo de Limia, reabrirá este domingo as súas portas coincidindo coas datas desta tradicional celebración, apertura que prolongarase inicialmente ata o mes de xuño.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Luis Menor puxo tamén énfase nunha segunda e máis importante nova relacionada con estas instalacións. Así, adiantou, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e o Concello de Xinzo de Limia están a traballar na redacción dun convenio que permita manter aberto o museo durante todo o ano.

O presidente provincial expresou a súa satisfacción tanto pola apertura temporal como polo froito que vai dar a colaboración interadministativa para que o Museo Galego do Entroido poda ser visitado en calquera momento do ano.

Menor trasladou a súa confianza nunha solución definitiva para un museo “que ben merece o Entroido, como parte da nosa identidade e tradición”, así como Xinzo de Limia por se tratar dunha festa declarada de interese turístico internacional.

Ata o momento, o Museo Galego do Entroido permanecía pechado, acollendo visitas e actividades puntuais, principalmente de colexios, a través da xestión directa do Concello de Xinzo de Limia e da Deputación de Ourense.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------