O FETEGA anuncia un novo curso de adestramento actoral

O FETEGA segue anunciando os obradoiros que conformarán a 31ª edición. Neste caso falamos de “Adestramento actoral sobre o institno, o mental e o emocional”, impartido por Fernando Tato. Celebrarase o mércores 26 e o xoves 27, de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:00 horas.

Para anotarse haberá que cubrir o formulario base que ofrece a organización. Unha vez anotado, os participantes recibirán un correo de confimación cos pasos a seguir. O prazo de inscripción está aberto do 11 ó 21 de agosto ata as 15:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para esta actividade, que se celebrará de forma presencial, cun custo de 50 euros por persoa, só haberá 12 prazas dispoñibles, que se outorgarán por orde de recepción do importe da matrícula.

O taller desenvólvese en dúas sesións intensivas de traballo (8 horas por sesión). Cada curso constará de dúas partes e en ambas as dúas a utilización da música é un elemento esencial.

A primeira parte é de adestramento actoral e a segunda de traballo con texto e escenas. Trabállase a técnica actoral necesaria para ser autónoma e autónomo e poder crear e defender unha personaxe adaptándose ás esixencias reais do traballo de actor (falta de tempo na rodaxe, ausencia de ensaios etc…) Exercicios prácticos, traballo físico e vogal, monólogos, escenas… O adestramento actoral é un proceso que se desenvolve en catro fases: estiramento activo, círculo de movemento, exercicios de relación e de personaxe, exercicio da “cadeira” ou co “chequeo por parellas”.

O traballo con texto e escenas desenvólvese nos seguintes pasos: análise de texto e división da escena ou secuencia en unidades de acción, aplicación dos exercicios de relación, personaxe, circunstancias etc… na escena, aplicación dos exercicios de relación, personaxe, circunstancias etc… con relación ao grupo, substitución do texto e o traballo en escena de xeito grupal.