O Concello de Ribadavia suma na xornada de hoxe 29 casos activos, una cifra optimista de cara á fin de semana na que se cumpren dúas semanas dende o seu peche perimetral e da hostalaría. A administración local mercou 10.000 máscaras (infantís/adultos) para repartir entre os Escolares. Onte fíxose a entrega das primeiras 1.000 máscaras a Raquel Rodríguez Giralt-Directora do CRA Amencer, en próximos días tamén se fará no CEIP Plurilingüe Ribadavia e no IES O Ribeiro. O reparto farase proporcional polo número de alumnado.