Tiruleque presentou a 14ª Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón

Onte pola mañá, no concello do Carballiño, celebrouse a presentación da 14ª edición da Mostra de Teatro Amador “Terras de Orcellón”, organizada por Tiruleque. Esta mostra celebrarase os días 12, 23, 24, 30 e 31 de outubro e o 6 e 7 de novembro. O concelleiro de cultura, Diego Fernández, animou a toda a veciñanza a desfrutar destes eventos e agradeceu o traballo feito pola agrupación carballiñesa.

VIDEO

Por parte da Deputación, contouse ca presenza de César Fernández, que destacou a importancia da recuperación das actividades e de volver á normalidade en canto á programación cultural.

Publicidade Premer na Imaxe

O presidente do grupo teatro, José Prada, destacou o traballo que hai detrás desta mostra, comezando dende o mes de febreiro ca invitación a numerosas compañías e facendo unha selección.