O Movemento pola Defensa dos Pensionistas convoca unha manifestación o día 1 en Ourense

A cita será este xoves ás 20.30 nos Xardíns Padre Feixóo en Ourense con motivo da celebración do Día do Maior.

A plataforma asegura que neste segundo ataque da pandemia estase a comprobar que non se tomaron suficientes medidas para mellorar a atención médica e os maiores, principalmente nos centros privados. Afirman que os centros primarios de saúde non prestan a atención precisa por escaseza de persoal sanitario e coas restricións nas consultas presenciais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Polo que respecta ás pensións recalcan que todo apunta a que as demandas do sector dos pensionistas, no senso de garantizalas nos orzamentos estatais, non van a ser atendidas nos próximos acordos do Pacto de Toledo , visto o comportamento dos sindicatos e partidos maioritarios.