A formación asegura que un dos puntos nos que houbo máis discrepancias e segundo indican, quedou mostra da “actitude de incapacidade” do goberno local.

Critican un incomprensible retraso de 3 meses dende que goberno e oposición chegaros a un acordo sobre as cuantías a adicar a este capítulo. O grupo recalcou a adxudicación a unha consultora de Vigo a realización destas bases por un custo de 17.400 euros.

A empresa é contratada a 1 de xullo, segundo comenta Espazo Común, para elaborar unhas bases que o alcalde xa tiña feitas e anunciadas. Este contrato remata o 30 de setembro, e a formación critica que tamén será ineficiente porque o prazo límite para a concesión das axudas está fixado para o 30 de outubro polo que a consultoría non podería axudar nas resolucións.