A Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil do Carballiño fixo a entrega no Banco de Alimentos de Ourense dun total de 1.034 quilogramos de alimentos que foron recollidos durante a campaña solidaria “Por un Nadal feliza para todos” en diferentes áreas comerciais de alimentación da vila do Arenteiro. Dende o voluntariado deste grupo adicado á prevención de riscos, seguridade e emerxencias manifestaron o seu agradecemento á solidariedade amosada polas veciñas e veciños do Carballiño e a súa comarca pola donación destes alimentos.
Asimesmo, dan as grazas á colaboración prestada polas empresas Eroski, Gadis, Alcampo e Froiz, titulares dos supermercados, por facilitarlles as súas instalacións un ano máis para levar a cabo esta campaña de recollida co obxectivo de axudar nestas datas ás familias máis necesitadas da provincia.