A Confederación Miño-Sil mellorará o saneamento e a depuración do Concello ourensán de Sandiás

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Felipe Traveso, Alcalde de Sandiás, rubricaron hoxe o Convenio de colaboración a través do que se mellorará o saneamento e a depuración do núcleo de Cerredelo, T.M. de Sandiás (Ourense)

O presente convenio ten por obxecto determinar as condicións que rexerán a execución das obras e instalacións necesarias, a posta ao dispor dos terreos e o réxime da posterior entrega ao concello para o seu mantemento e conservación.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Proxecto
Actualmente o núcleo de Cerredelo conta con dúas fosas sépticas cuxa depuración é pouco eficiente e verte o efluente directamente ao leito; para evitalo, o proxecto contempla a eliminación das dúas fosas e a construción dunha nova EDAR que recolla a totalidade das augas residuais do núcleo, depurándoas adecuadamente antes de verterlas ao medio acuático, contribuíndo así á mellora da calidade das augas nunha comarca tan sensible como A Limia.

O investimento estimado superará os 315.000 euros, que serán sufragados polo Estado, a través da CHMS, nun 80% e o 20% restante pola Administración local.