Publicidade

Tiruleque, Grupo de Teatro organiza un Obradoiro de Declamación de oito horas, a celebrar os días 31 de xullo e 1º de agosto de 2021, que se desenvolverá no Salón de Baile cedido graciosamente polo Casino do Carballiño, impartido por Dª Cristina . Domínguez Dapena, profesora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

         O cursiño desenvolverase nas mañás dos días indicados, de 10 a 14 horas, cun prezo de 25 € para os membros dos grupos de teatro pertencentes á Federación Galega de Teatro Afeccionado, e de 30 € para o resto.

         As prazas irán cubríndose por orde de inscrición ata un máximo de 15 persoas. Soamente hai catro prazas.

         Os interesados poden solicitar a súa asistencia ao obradoiro enviando unha sinxela petición por correo electrónico a: tiruleque@galicia.com, facendo constar o seu nome, enderezo e DNI, debendo acompañar un xustificante do ingreso correspondente na conta bancaria de Tiruleque, que se indica a continuación: ES94 3070 0039 0660 2976 6513. No caso de ser membro da FEGATEA engadirán a maiores un certificado acreditativo de tal circunstancia, expedido polo secretario do grupo de teatro ao que pertenzan.

A VOZ E A PALABRA EN ACCIÓN
Bases para exercitar a oralidade do actor e actriz a partires da acción física e vocal.

O obxectivo deste pequeno curso de oito horas é o de axudar aos/ás intérpretes a facer a
transición do texto escrito cara á súa materialización vocal, previo a unha posta en escena
definitiva.

Para iso exercitaremos o uso correcto dos elementos constitutivos da voz falada
(rexistro, entoación, inflexións, ritmo, tempo, pausas) para satisfacer o valor artístico que o
texto demanda.

Despois dunha breve reflexión teórica que nos forneza dos recursos básicos para analizar un
texto, concentrarémonos na acción tanto física coma vocal, poñendo ao servizo do/a intérprete, recursos que lle axuden a materializar oralmente os textos.


As sesións vanse estruturar do seguinte xeito


DÍA 31

1ª hora. Presentacións e breve explicación teórica sobre a prosodia e as bases para unha
análise prosódica do texto.

2ª hora. Adestramento vocal, partindo de exercicios que poñan a punto a nosa respiración e a
nosa voz dun xeito activo, e enfocado ao traballo escénico (respiración, resonancia,
articulación).

3ª hora. Exercicios nos que vinculamos o corpo, a voz e a palabra, a partires dos textos
escollidos polas persoas asistentes ao curso.

4ª hora. Traballo individual.

DÍA 1

1ª hora. Aclaración de dúbidas e repaso de cuestións teóricas.

2º hora. Adestramento vocal, partindo de exercicios que poñan a punto a nosa respiración e a
nosa voz dun xeito activo, e enfocado ao traballo escénico (respiración, resonancia,
articulación).

3ª hora. Exercicios nos que vinculamos o corpo, a voz e a palabra, a partires dos textos
escollidos polas persoas asistentes ao curso, combinados con traballo individual.4ª hora. Breve presentación individual (5 minutos).

Cuestións a ter en conta

O curso farase en lingua galega, e respectando os trazos prosódicos da nosa lingua, polo que
os textos teñen que estar obrigatoriamente en galego. Faranse as indispensables correccións
fonéticas.

É necesario traer un breve texto aprendido de memoria. O texto deberase enviar con antelación (unha semana aproximadamente) á profesora.

Precísase roupa e calzado cómodo, disciplina e un chisco de entusiasmo

CRISTINA DOMINGUEZ DAPENA

CURRÍCULO DESDE O ANO 2000

Titulación

Licenciado / Titulado Superior en Arte Dramática na RESAD de Madrid

Máster Universitario en Artes Escénicas Orientación B: Educación e Animación

Teatral na Universidade de Vigo  no ano 2011

Espectáculos e outras actividades profesionais vinculadas ás artes escénicas

1.      2017.  “Atrevereime”  (dirección  lectura  dramatizada).  Asoc.  Actores  e actrices de Galicia e SGAE. Santiago de Compostela.

2.  2017.  “Nacidas  libres”  (dirección).  Cía  Contraproducións.  Santiago  de

Compostela.

3. 2014. “ VIII Premio diario cultural de teatro radiofónico” (dirección e adaptación radiofónica das pezas seleccionadas). RTVG. Santiago de Compostela.

4. 2013 “As do Peixe” (dirección). Cía Abrapalabra. Santiago de Compostela.

5. 2013 “Aqueles doces cantares”, baseado en “Cantares Galegos” de Rosalía de Castro (dirección escénica). Concerto/recital. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela.

6.  2013  “Inventarios”  (microteatro)  (dirección).  Xornada  Escénicas  Mabel

Rivera. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela.

7. 2012. “Kafka e a boneca viaxeira”, de Jordi Sierra y Fabra adaptada por Guillem Jordi Graels,  (codirección con Fernando Bernués (euskadi) e Carles Alberola (Valencia)). Emedous en coprodución con Albena Teatre (Valencia) e Tantaka teatro (euskadi). Santiago de Compostela.

8.  2006.  “O  Regreso  ao  Deserto”  (dirección).  Centro  Dramático  Galego. Santiago de Compostela.

9. 2004. “Tío Vania” (dirección). A Factoría Teatro. Santiago de Compostela.

10. 2003 “O canto do Dime-Dime” (dirección). A Factoria Teatro. Santiago de

Compostela.

11. 2002. “Malicia” (dirección). M2 Produccións. Santiago de Compostela.

12. 2001. “Coitelos nas galiñas” (dirección). A Factoria Teatro. Santiago de

Compostela.

13. 2000. “As presidentas”, de Werner Swab (dirección). A Factoría Teatro. Santiago de Compostela

14. 2000. “400ASA” (dirección da interpretación  escénica no espectáculo de danza contemporánea). Doble Xiro Danza. Santiago de Compostela

Postos, cargos vinculados ás artes escénicas

1. 2015/16 ate o de agora. Vicedirección da ESAD de Galicia. Xunta de Galicia.

2. 2006-2009. Dirección executiva e artística do Centro Dramático Galego, AGADIC, Consellería de Cultura, Xunta de Galicia.

Actividade docente

Actividade docente regrada

1. Profesora interina no departamento de voz da ESAD de Galicia desde o curso 2009/10 ate a actualidade

2. Profesora interina no departamento de voz da ESAD de Galicia 2005/06 (do

6-9-205 ao 19-4-2006)

Actividade docente non regrada

1. 2013-1996. Profesora de dicción e expresión oral na escola de danza e teatro Espazo Aberto. Santiago de Compostela

2. 2011. Relatora na actividade de formación do profesorado: Curso: “O xogo dramático como recurso para a   promoción da variedade oral culta do galego” Centro Formación e Recursos. Xunta de Galicia. A Coruña Abril 2011.Total 3h

3. 2004. Relatora na actividade de formación do profesorado: Curso: “O Corpo: Relaxación, respiración e movemento”. Centro Formación e Recursos. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela. Maio. Total 9h.

4. 2002. Relatora na actividade de formación do profesorado “curso: coidado e hixiene da voz” Centro Formación e Recursos, Xunta de Galicia. Vigo 2001-

2002. Total 21h.

5. 2001. Profesora de voz nos Cursos de Postgrado  de “Teoría y Practica da Interpretación”, organizados    pola  Universidade de Santiago de Compostela (cursos 1997/98 2000/01). Curso 2000/2001, 24h.

Artigos en revistas non arbitradas

1.  Domínguez  Dapena,  Cristina  e  outros  (2015).  “A  Pegada  do  Eco:  un proxecto pedagóxico de radio”, Revista Galega de Teatro, número 83.

2.  Domínguez  Dapena  Cristina  (2012).  “O  audiovisual  nas  novas  formas teatrais “, revista Casahamlet, núm. 14.

Libros e capítulos de libros

1. Domínguez Dapena Cristina. 2010. Capítulo “Creating Theatre Today: Our Necessary Identity” en “ Creation, Publishing and Criticism”, ed Mª Xesús Nogueira, Laura Lojo, Manuela Palacios. New York. Peter Lang, Pp 145-149

2. 2006. Capítulo “O traballo co corpo, a voz e a palabra” en “Manuel Lugrís Freire: do texto ao escenario, ed. Manuel Vieites. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-4268-1, pp. 237-262.

3. Domínguez Dapena, Cristina. Técnicas de expresión oral. O uso expresivo da voz. Vigo. 2005. Colección Biblioteca de Teatro, Editorial Galaxia/ AGADIC

Relatorios, comunicacións… en congresos, seminarios, xornadas…

1. Domínguez Dapena Mº Cristina (2015) “O teatro na Galiza, a súa evolución nunha sociedade en crise”, dentro de “Que teatro se faz hoje na Galiza?” Debate. Fazer a Festa/Teatro Art’Imagem. Oporto, Portugal.

2. Domínguez Dapena Cristina (2013). ”A lingua na formación dos intérpretes galegos. Unha experiencia na ESAD de Galicia”. Xornadas de Lingua e Teatro. Universidade da Coruña. A Coruña.

3. Domínguez Dapena Cristina (2013) . “El aula como comunidad   de aprendizaje   y espacio de investigación etnográfica: construcción de  un personaje   escénico”.  Congreso  Internacional  de  Etnografía  y  Educación. CSIC, Madrid.

4. Domínguez Dapena Cristina (2013).”A perspectiva vocal na construción do personaxe   escénico:   a   partitura   vocal”,   I   Congreso   de   Investigacións Escénicas. Seminario Roberto Vidal Bolaño. ESAD de Galicia. Vigo

5. Domínguez Dapena Cristina (2011). “O xogo dramático como recurso para a promoción  da  variedade  oral  culta  do  galego”  Centro  Formación  e

Recursos. Xunta de Galicia. A Coruña.

Actividades de actualización docente / artística

1. 2015. “Voice Kraft Nivel I”. Acción-Escena Escuela de Actores. Madrid. (20h).

2.2014. “Oratoria con Programación Neurolingüística e Inteligencia Emocional”. Escuela Europea de Oratoria. Madrid. (14h)

3. 2013/2014, PFPP. Formación permanente do profesorado. Xunta de Galicia. (50h)

4. 2011. “La Voix Humaine”. Centre Artistique International Roy Hart. Anduce, Francia. (20h.)

5. 2010. Traballo vocal individual coa fonoaudióloga Susana Naidich. Bos Aires, Arxentina.

(15h)

6. 2009. “Formation Vocale Intensive”, dirixida por Carol Mendelsohn, Centre

Artistique International Roy Hart. Anduce, Francia. (90h.)

7. 2005-2007-2009/ 1995-1997.   “La voix humaine”, “Expresion e chant”, “La voix en acordeon”,  cursos de voz no Centre Artistique International Roy Hart. Anduce, Francia. (20 h. curso)

8. 2003. “Voix et improvisation”, curso coa compañía de teatro Panthéâtre. París, Francia.

Outros méritos.

1. 2017. Xurado nos premios I Concurso de Ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade. Deputación A Coruña.

2. 2014, 2006 e 2002. Premiada á mellor dirección escénica por “As do Peixe” (2014), “O Tío Vania” (2009) e “Coitelos nas Galiñas” (2002), nos Premios María Casares de Teatro. AAAG de Galicia.

3. 2012 e 2004. Xurado nos premios de literatura dramática “Alvaro Cunqueiro”, AGADIC, Consellería de Cultura, Xunta de Galicia.