Xurxo Souto co seu libro ” Pangalaica “

O músico e escritor coruñés Xurxo Souto estivo no Carballiño para presentar a súa publicación «Pangalaica». A actividade estivo organizada pola Agrupación Cultural Avantar carballiñesa e tivo que trasladarse ó interior da Praza de Abastos. No acto, ademais de desglosar o seu traballo, Xurxo Souto ofreceu unha animada exposición, facendo rir e participar ós que alí se achegaron. Ó final do acto, tamén se realizou unha sinatura de libros.

Pangalaica é unha recompilación das vivencias do seu autor dos últimos trinta anos percorrendo Galicia. O propio Souto explícanos un pouco da súa peza.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES