Máis de medio centenar de vehículos xa se inscribiron na I Xuntanza de Clásicos do Irixo

O 14 de outubro o concello do Irixo acollerá a primeira edición da Xuntanza de Clásicos. Os que quieran participar aínda están a tempo de inscribirse e xa hai máis de medio centenar de coches que apostan por esta Xuntanza. Entre eles, coches tan espectaculares como o Alpinche da Fundación Stanislao Reverter, único no mundo.

Dende a organización están abraiados coa boa acollida e queren agradecer a tódolos colaboradores e persoas participantes o seu apoio. As persoas que se queiran inscribir poderano facer chamando o mandando unha mensaxe ao teléfono 744 73 27 58.
O prezo é de 35 euros (con almorzo, aperitivo e xantar).