ABANCA e Afundación asinan un convenio co Concello de Barbadás para amosar «Fillos do océano»

O acto de rúbrica terá lugar mañá, xoves 25 de novembro, ás 10.00 h, no Concello de Barbadás

Esta exposición enmárcase no proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre o Concello de Barbadás, ABANCA e Afundación

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello de Barbadás (rúa Cimadevila, 1 – A Valenzá, Barbadás) acollerá mañá, xoves 25 de novembro, ás 10.00 h, a sinatura do convenio para a realización da exposición «Fillos do océano», un proxecto fotográfico de Javier Teniente. Esta iniciativa é posible grazas á colaboración entre o Concello de Barbadás, ABANCA e Afundación. No acto de rúbrica estarán Xosé Carlos Valcárcel Doval, alcalde de Barbadás; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.

As comunidades de pescadores artesanais de todo o mundo, así como as mulleres e homes que viven por e para o mar, son as protagonistas deste proxecto que reúne imaxes únicas de Galicia ou Andalucía e de outros países como Senegal, Nicaragua, India, Sri Lanka, Brasil, Panamá, Madagascar, Vietnam, Noruega ou Indonesia. A mostra, de entrada libre e de balde, poderase contemplar Sala de Exposicións da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás do 2 de decembro de 2021 ao 2 de xaneiro de 2022, en horario de luns a venres de 08.30 a 14.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

EventoSinatura do convenio para a realización da mostra «Fillos do Océano»
LugarConcello de Barbadás (rúa Cimadevila, 1 – A Valenzá, Barbadás)
Data e horaXoves, 25 de novembro, 10.00  h
AsistentesXosé Carlos Valcárcel Doval, alcalde de Barbadás Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo