O Carballiño contará cunha ampla programción cultural este verán

Música, cine, baile, teatro, ópera, literatura, roteiros históricos e patrimonio, clásica, danza, folclore, títeres, poesía, pintura, monólogos, maxia e fotografía forman parte do amplo programa de actividades que o Concello do Carballiño ten organizadas para o verán. Un conxunto de iniciativas que se van desenvolver nos meses de xullo, agosto e setembro e que incluirán dende citas xa clásicas, como as Xociviga ou o Festival de Habaneras, a propostas novidosas que convertirán ao Verán cultural do Carballiño nunha referencia ineludible para a provincia de Ourense.

Entre as citas deste mes tamén figuran actividades de consolidada traxectoria, como as Xociviga (a celebrar do 26 ao 29 de xullo).

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha das novidades do Verán Cultural do Carballiño é o Camiño de Nós. A proposta, que se desenvolverá o día 24 de xullo organizada pola Fundación Insua dos Poetas, é unha recreación da viaxe a pé dende Ourense a Compostela que o Grupo Nós realizou en xullo de 1926.

Das actividades a desenvolver dentro da programación cultural do verán carballiñés remitirase cumprida información conforme se vaian achegando as convocatorias.

Adxuntamos a programación do Verán Cultural do Carballiño para o mes de xuño.

XULLO

Día 3.

XIII FESTA DA PALABRA (Fundación Insua dos Poetas)

CONCERTO DE A BANDA DA LOBA  (Fundación Insua dos Poetas)

SARABELA TEATRO – “CRÓNICAS DO PARAÍSO” (reaOU)

Días 6, 7 e 8 .

FLORES DE CINE (Cine club Carballiño)

            – Día 6: EL MAQUINISTA DE LA GENERAL

            – Día 7: LA PEQUEÑA TIENDA DE LOS HORRORES

            – Día 8: UN, DOS, TRES

Día 10 .

OPERA CONCERT – “MI MIQUIÑO DEL ALMA”

Día 17.

PRESENTACIÓN da NOVELA “ALBANIA, NA ENCRUCILLADA DA OPERACIÓN FERREIRO” coa actuación do grupo GUEZO

Día 18.

ODAIKO – “ODAIKO FAMILIAR” (RGTA)

Día 19.

CARAMUXO TEATRO – “ZAPATOS” (Ler conta moito)

Día 22.

LA VIDA ES ROCANROL DE “EL SEVILLA” (RGTA)

Día 24.

O CAMIÑO DE NÓS (Fundación Insua dos Poetas)

Recreación da viaxe a pe dende Ourense a Compostela do Grupo NÓS en xullo de 1926

Do 26 ao 29.

XOCIVIGA 2021 (consultar programa)

Día 31.

FESTIVAL DE HABANERAS