A Biblioteca incorpora a obra “Cantando a Carvalho Calero”

Esta mañá, o Concelleiro de Cultura recibiu a doazón do exemplar da obra Cantando a Carvalho Calero da man do seu autor José Luís Fernández Carnicero. O escritor ourensán, que tamén é mestre de educación musical no C.E.I.P. Plurilingüe Calvo Sotelo do Carballiño, contou nesta obra ca magnífica colaboración, entre outras, do gran lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz .

Publicidade

Ao longo deste mes vanse incorporar novas obras. O concelleiro animou á veciñanza a achegarse á lectura e salientou que, sen dúbida, é unha boa vía de escape na actualidade.