O concello de Maside implícase na compra-venda de vivendas para asentar poboación

IES CHAMOSO LAMAS

O concello de Maside elaborou unha listaxe de vivendas abandonadas ou deshabitadas que puideran ser obxecto de venda e rehabilitación. Ou parcelas nas que se puideran realizar obras de construción. Con isto o que trata de facer o concello é fomentar o asentamento de poboación no municipio facendo de intermediario entre os interesados en dar saída a súa propiedade e os que queren crear un fogar ou negocio en Maside.

O alcalde do municipio, José Manuel Iglesias, arquitecto de profesión, marcouse o reto dende o inicio do seu mandato de potenciar a compra de vivendas nun concello que, como nos da meirande parte do rural, perde poboación cada ano.

HIPER MASIDE

Asegurounos que esta iniciativa está a ter moi bos resultados xa que dende o mes de xaneiro outorgáronse arredor de 20 licencias entre as de traballos de obra nova e as de rehabilitación.