Situación estable por covid no Ribeiro. 18 en Ribadavia e 58 na comarca

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ribadavia con 18 casos activos ( 1 menos ca onte ) e un índice por 100000 habitantes de 358

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O total na comarca ascende a 58 ( 2 menos ca onte ) casos e un índice por 100000 habitantes de 367

Arnoia con 2 casos

Avión con 23 casos ( 1 menos ca onte )

Beade con 0 casos

Carballeda con 2 casos

Castrelo con 2 casos

Cenlle con 6 casos

Cortegada con 1 casos

Leiro con 3 casos

Melón con 1 casos

Nivel de Restrición Media

ORDE do 8 de xullo de 2021 pola que se prorroga a eficacia e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e pola que se modifica a Orde do 1 de xullo de 2021, pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

As medidas previstas nesta orde terán efecto desde as 00:00 horas do día 10 de xullo de 2021.​

RECOMENDACIÓNS DA PERMANENCIA DE PERSOAS E GRUPOS EN ESPAZOS PÚBLICOS

Recoméndase que os grupos non superen as seis persoas, como máximo, en espazos pechados e as quince persoas, como máximo, en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes.

• Os parques e xardins públicos e praias pecharán entre as 00:00 e as 6:00 horas .  ( Lei 8/2008, do 10 de xullo) 

USO DA MÁSCARA

• A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

• Na vía pública e en  espazos ao aire libre, e en ambos casos , cando a  aglomeración de persoas  impidan  manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros. 

• Nos medios de transporte públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehiculos de ata nove prazas . ​

• Nas actividades no ámbito laboral desenvolvidas en espazos interiores, comúns ou de uso colectivo ou en calquera outra dependencia en que estean varios traballadores/as e/ou clientes será tamén obrigatorio o seu uso.

• Tamén será obrigatoria para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan  manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.​

EXCEPCIÓNS:

• Persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.

• Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.

• No mar, praias e piscinas no momento do baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sempre que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes.

• Nos establecementos de hostalaría e restauración, exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.

• No exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de 1,5 metros con outras persoas ou deportistas non conviventes. Non obstante, deberá usarse a máscara na práctica do deporte nas vías públicas, como rúas, avenidas, paseos, prazas e camiños de tránsito público, ou outros lugares que sexan lugar de circulación habitual de viandantes e polos que circulen de feito nese momento.

• Na práctica do deporte no medio acuático, sexa este natural ou artificial. 

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

• Lugares de culto: 75% da súa capacidade máxima permitida.

• Velorios: 10 persoas por túmulo sexan ou non conviventes.

• Enterramento ou despedida para a cremación: 50 persoas sexan ou non conviventes.

• Congresos, actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais: 75% da capacidade autorizada do local. Límite de 500 persoas en locais pechados e 1000 persoas en locais ao aire libre.

• Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 75% da súa capacidade máxima permitida. Actividades culturais: 20 persoas sexan ou non conviventes excluído o monitor ou guía.

• Competicións deportivas con público, cines, teatros, auditorios: 75% da súa capacidade máxima permitida. Límite de 500 persoas en locais pechados e 1000 persoas en locais ao aire libre. O público deberá permanecer sentado.

• Deberá existir un rexistro de asistentes ao evento, que deberá ser custodiado durante o mes seguinte coa información de contacto

PRAIAS E PISCINAS

• Superficie da praia para cada usuario: 4 metros cadrados.

• No caso das piscinas ao aire libre e cubertas:  50% da capacidade máxima

• Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de persoas que necesiten asistencia.

• Duchas en instalación pechadas:: 50 % teñan ou non cabinas.

• Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 % naqueles que  dispoñen de  cabinas e 50 % se non despoñen delas.

• Grupos: Máximo quince persoas non conviventes.

• Persoas conviventes: Sen límite máximo

• Uso obrigatorio da máscara: Accesos, desprazamentos e paseos, cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan  manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros..

PARQUES ACUÁTICOS

• Aforo: 50% da capacidade máxima.

• Uso individual de flotadores ou outros elementos agás no caso de menores ou persoas que necesiten asistencia

• Recomendación que os grupos non superen as 15 persoas, excepto conviventes.

• Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de persoas que necesiten asistencia.

• Duchas en instalación pechadas:: 50 % teñan ou non cabinas.

• Vestiarios e aseos: 100 % cabinas e 50 % non cabinas.

DESPRAZAMENTOS EN VEHÍCULOS PARTICULARES

• Respectaranse as limitacións para grupos de persoas no correspondente ámbito territorial.

• Deberase usar sempre máscara dentro do vehículo cando se trate de persoas non conviventes.

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

No interior: Limitación ao 30% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

• Non se poderá prestar servizo en barra.

• Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 50% das mesas permitidas. A ocupación máxima será de 15 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

• Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.

• Horario do peche ao público: as 23:00 horas ca opción de pechar as 1:00 horas sempre que cumpran os requisitos establecidos no marco do Plan de Hostalaría segura.

• Non se pode admitir novos clientes a partir das 00.00 horas.

•​ Permítese a recollido no local para consumo no domicilio ata as 1.00 horas.

• Permítese a entrega a domicilio ata as 1:00 horas.

ESTABLECEMENTOS DE LECER NOCTURNO

Para o acceso : certificado de vacinación ou pobra PCR ou de antíxenos negativa.

No interior: Limitación ao 50% da capacidade máxima permitida.

• A distribución das mesas e persoas será homoxénea entre as diferentes estancias e andares se existen.

Poderá consumirse sentado ou de pé. Non se poderá realizar consumo en barra.

Nas terrazas ao aire libre: 100% da capacidade máxima permitida .

• Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.

• Horario máximo de peche as 3:00 horas.

• Os establecementos deberán dispor dun rexistro de clientes

HOTEIS, ALBERGUES E ALOXAMENTOS TURÍSTICOS

• Zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.

• Albergues turísticos: 30 % da súa capacidade agás grupos “burbulla” ou unidade familiar.

ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS

• Establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais:  Límite do  75% da súa capacidade total.

• O horario de peche será o que  que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.

ESTABLECEMENTOS QUE TEÑAN A CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS, OU QUE FORMEN PARTES DELES E GRANDES SUPERFICIES

• Establecemento retallista e de actividades de servizos profesionais:  Límite do 75% da súa capacidade total.

•​ O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.​

• A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 75%.

• No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do 75% de capacidade total en cada un deles.

• Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.

MERCADOS AO AIRE LIBRE

• Mercados con menos de 250 postos autorizados: 100% dos postos habituais ou autorizados.

• Mercados con máis de 250 postos autorizados: 75% dos postos habituais ou autorizados.

CENTROS DE LECER INFANTIL 

• Capacidade máxima 75%.

• Grupos  dun máximo de quince nenos / nenas no exterior e de seis no interior.

ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE PARA A POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL E ALBERGUES E CAMPAMENTOS XUVENÍS.

• Ao aire libre: 70% da súa capacidade máxima cun máximo de 125 participantes excluído o persoal monitor.

• Espazos pechados:70% da súa capacidade máxima cun máximo de 50 participantes excluído o persoal monitor.

• Actividades en grupo: máximo 10 participantes, excluído o monitor.

• Albergues e campamentos xuvenís: 70% da súa capacidade máxima

• Campamentos: Tendas de campaña: 50% da súa capacidade máxima

ACTIVIDADE DEPORTIVA

Non federada:

• Ao aire libre recoméndase grupos de ata quince persoas, sexan ou non conviventes sen contar, de ser o caso o monitor.

En instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos de ata seis persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor coa utilización de máscara​

• Instalacións deportivas cubertas: límite 50% da capacidade máxima permitida.​

• Uso deportivo de piscinas ao aire libre ou cubertas: 50 %

• Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de persoas que necesiten asistencia.

• Duchas en instalación pechadas:: 50 % teñan ou non cabinas.

• Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 % naqueles que  dispoñen de  cabinas e 50 % se non despoñen delas.

Federada:

• Axustarase os correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN

A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial, sempre que non se supere unha capacidade do 75%.

ACUARIOS, ESTABLECEMENTOS  E ACTIVIDADES ZOOLÓXICAS, BOTÁNICAS OU XEOLÓXICAS

• Soamente poderán realizar a súa actividade cun límite máximo do 75% de ocupación​.

ACTIVIDADES TURÍSTICAS, CENTROS DE INTERPRETACIÓN E VISITANTES, AULAS DA NATUREZA, CASETAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN

• Actividades turísticas ao aire libre: grupo ata 20 persoas sexan ou non conviventes  mais o monitor.

• No resto: 50% da súa capacidade e grupos de  10 persoas no interior e 20 no exterior sexan ou non conviventes.

FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES

• Peche das actividades.

ESPECTÁCULOS MUSICAIS.

• Ao aire libre , con público sentado ( menos de 1000 persoas) :

◦ Límite máximo do 75% da súa capacidade maxima permitida  

• Seranlle de aplicación os protocolos accesibles no seguinte enderezo:https://coronavirus.sergas.gal/contidos/espectaculos-musicais-aire-libre

• Deberá existir un rexistro  previo de asistentes

ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS 

• Límite máximo do 75% da súa capacidade maxima permitida, co publico sentado 

• Límite de 500 persoas en espazos  pechados e 1000 persoas en locais ao aire libre

PARQUES DE ATRACCIÓNS E TEMÁTICOS, SALÓNS RECREATIVOS E PARQUES MULTIOCIO 

•Capacidade máxima permitida: 50%.

• Grupos recoméndase non superar as 15 persoas, excepto no caso de conviventes.

• Os asistentes e o persoal das atraccións deberán portar máscara de maneira obrigatoria.

• Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 % naqueles que  dispoñen de  cabinas e 50 % se non despoñen delas.

ATRACCIÓNS DE FEIRAS

• Espazos comúns de tránsito: unha persoa cada tres metros cadrados.

• Puntos diferenciados de entrada e saída.

• Non se permiten as piscinas de bolas.

• Os asistentes e o persoal das atraccións deberán portar máscara de maneira obrigatoria

• Atraccións con asentos incorporados:  50% de asentos de cada fila agás no caso de persoas conviventes.

• Atraccións sen asentos incorporados:  30% da capacidade máxima da atracción.

• Atraccións inchables: 50% da súa capacidade.

CENTROS SOCIAIS, SOCIOCOMUNITARIOS, CLUBS DE XUBILADOS E CENTROS DE ANÁLOGA NATUREZA

• Capacidade máxima permitida: 50%.

• Actividades grupais: máximo de 6 persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía.

CENTROS DE INTERPRETACIÓN E VISITANTES, AULAS DA NATUREZA, CASETAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN DA REDE GALEGA DE ESPAZOS PROTEXIDOS

• Peche das actividades.

ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL PERMITIDA

• Escolas oficiais de idiomas.

• Escolas de arte e superior de deseño.

• Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

• Escola Superior de Arte Dramática.

• Conservatorios de música.

• Conservatorios de danza.

• Escolas de música.

• Escolas de danza.

• Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol; centros autorizados de fútbol sala

• Centros autorizados de artes plásticas e deseño.

• Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade ao alumnado dos ditos centros docentes.

• Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.