Sanidade permite a mobilidade en Fin de Ano e pon o toque de queda ás 01:30 horas

09,00 h.- O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informará en rolda de prensa dos asuntos tratados no comité clínico. Asistirán tamén a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e o xerente do Sergas, José Flores. No salón de actos. Poderase seguir na ligazón https://us02web.zoom.us/j/87111017796 e a través dos teléfonos 917 873 431; 843 685 025; 917 870 058 (código da reunión: 871 1101 7796). foto xoán crespo 29/12/2020
IES CHAMOSO LAMAS

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, compareceu esta mañá para dar conta das medidas acordadas polo comité clínico durante a reunión da tarde de onte. Entre as novidades establécese que os horarios para os locais de hostalaría dos concellos que están en nivel máximo ou medio alto poderán abrir unha hora máis, é dicir, ata as 18:00 horas. O 1 de xaneiro, os locas terán que retrasar a súa apertura ata as 11:00 horas da mañá, volvendo o día 2 ó horario habitual. Entre as 00:00 horas de mañá día 30 e as 23:00 horas do 1 de xaneiro, permitirase a mobilidade con motivo familiar, incluso nos concellos que teñen peche perimetral. A note de Fin de Ano aplíase o toque de queda ata as 01:30 horas.

En canto ás reunións, recoméndase que se limiten a unha unidade familiar. Como máximo, permítese a reunión de dúas unidades familiares, cun máximo de dez persoas. No caso de ser máis de dúas unidades, o límite está na reunión de seis persoas e catro menores de 10 anos.

A Xunta de Galicia ten en estudo dous casos de covid 19 que presentan a posibilidade de pertencer á nova cepa británica. Polo momento aínda non hai ningún confirmado na comunidade, segundo informou o conselleiro de Sanidade esta mañá. Os dous casos pertencen a dúas áreas sanitarias diferentes e son persoas procedentes de fora de Galicia que tiveron sintomatoloxía e ós que se lle realizaron a proba.