Dende mañá pode solicitarse o permiso para facer queimas agrícolas

A Consellería do Medio Rural levanta así a suspensión de realizar queimas nos terreos rústicos que permanecía vixente dende o pasado día 1 de xullo, data de inicio da época de alto risco de lumes. 

Para  realizar a tramitación existen dúas vías. Ou ben chamar ao teléfono 012 ou ben empregar a vía telemática dende o enderezo web https://queimasweb.xunta.gal.

Os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. Cómpre lembrar que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Publicidade Premer na Imaxe